Saltar o menú de navegación e ir ao contido
2011-11-29
Madrid, 29 de novembro do 2011.- EROSKI inaugurará mañá dous novos supermercados franquiados en Andalucía, pertencentes á rede “EROSKI/city”, nas provincias de Córdoba e Huelva, respectivamente.
O supermercado EROSKI/City estará situado en Fuente Palmera (r/ La Laguna, Esq. Garrigues Walker s/n/), en Córdoba, cunha superficie de 450 m2.
Pola súa banda, o novo franquiado “EROSKI/city” en Huelva inaugurarase en San Bartolomé de la Torre (Av. Andalucía, 81), cunha superficie de 400 m2.
Estas dúas novas aperturas enmárcanse dentro do plan de desenvolvemento de franquías que está a levar a cabo EROSKI en toda España.
En concreto, con estas novas aperturas xa son 104 os establecementos de EROSKI en Andalucía, cun cadro de persoal de 2.500 persoas traballadoras e cunha rede comercial de centros que se distribúen en 23 híper, 31 supermercados, 7 axencias de viaxes e 43 perfumerías IF.
A apertura destes establecementos está en consonancia coa definición que ten a franquía de EROSKI, que abriu 25 novas tendas deste tipo no que vai de ano en España.
Estas 25 franquías ocupan entre 300 e 500 metros cadrados en cidades ou pequenas poboacións con máis de 1.500 habitantes, localizadas no casco urbano e en tendas de atracción no extrarradio para compras de maior volume.
A proposta comercial desta rede de tendas de proximidade baséase nunha oferta de 2500-3000 referencias, de xeito semellante ao que presenta un establecemento da rede propia de autoservizos e supermercados. Xa que logo, estas tendas preséntanlles aos seus clientes as ofertas, campañas e promocións coincidentes cos super propios de EROSKI.
Unha tenda franquiada de EROSKI ten unha oferta case exclusiva de alimentación, na que destaca un gran número de produtos frescos, entre os que cómpre salientar os lácteos e as froitas e verduras, con especial mención aos alimentos rexionais. No tocante aos produtos envasados, a presenza dos artigos das marcas líderes de fabricantes combina en harmonía coa marca propia EROSKI, sendo a relación calidade-prezo a referencia competitiva por excelencia.
A rede de franquía de EROSKI é una oportunidade de futuro para o emprendedor pola súa potencial rendibilidade que o avala cunha rede estable de 500 tendas franquiadas. É una rede que salienta por ser xeradora de actividade pola súa alta relación co cliente e o comerciante é xestor directo do seu propio negocio, co respaldo de profesionais con grande experiencia e cunha marca de confianza que os apoia.
A rede comercial de EROSKI supera os 500 autoservizos franquiados, que son xa unha rede de tendas consolidada na súa fórmula desde hai décadas. Por territorios, Galicia, con 212, vai seguida do País Vasco, con 125 tendas, de Baleares con 66, de Andalucía, con 51, de Navarra, con 33, Aragón, con 24, Castela e León, con 19, A Rioxa con 7, igual ca Cantabria, Castela A Mancha, con 4 e de Madrid, con 2.
EROSKI completa unha rede superior aos 2.250 establecementos e está composta por hipermercados EROSKI, supermercados EROSKI/center, Caprabo e EROSKI/city, oficinas de EROSKI/viaxes, gasolineiras, tendas de deporte Forum Sport, perfumerías IF, tendas de ocio e cultura Abac e 22 plataformas. En Francia, EROSKI conta con 39 establecementos (entre hipermercados, supermercados e gasolineiras) e en Andorra, con 4 perfumerías IF.
Desde hai 42 anos, o 10% dos beneficios de EROSKI destínanse a iniciativas de acción social. A través da FUNDACIÓN EROSKI canalízanse boa parte deses beneficios, que se reverten na sociedade e que se derivan principalmente a tres tipos de necesidades da comunidade: a información e formación do consumidor, a defensa do medio natural e mais a solidariedade.