Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina



EROSKI alcanza un acordo con Intermarché Francia para a compravenda de Altis

EROSKI alcanzou un acordo con Intermarché para que a rede de 6 hipermercados e 14 supermercados que a cooperativa tiña no sur de Francia pasen a propiedade íntegra de Os Mosqueteiros, socio de EROSKI en Alidis (Alianza Internacional de distribuidores independentes) que opera desde o ano 2002.

2011-12-13

Madrid, 13 de decembro do 2011.- EROSKI alcanzou un acordo con Intermarché para que a rede de 6 hipermercados e 14 supermercados que a cooperativa tiña no sur de Francia pasen a propiedade íntegra de Os Mosqueteiros, socio de EROSKI en Alidis (Alianza Internacional de distribuidores independentes) que opera desde o ano 2002.

O Grupo Altis é propiedade de Eroski e está implantado no sur de Francia. Eroski compartía desde o seu comezo a propiedade da rede ao 50% con Carrefour Francia, aínda que a xestión comercial e empresarial lle correspondía a EROSKI. O prazo de conclusión do acordo que os vinculaba remata este ano 2011 e EROSKI exerceu o dereito da compra do 50% de Carrefour. Posteriormente, chegou a un acordo co seu aliado Intermarché en Alidis que viu con interese a incorporación dos 20 establecementos á súa ampla rede nacional espallada por toda Francia, asegurando así o aprovisionamento de mercancías.

EROSKI mantén deste xeito o seu obxectivo de concentrar os seus esforzos na rede estratéxica co fin de acadar a maior eficiencia na súa actividade e consegue ao mesmo tempo reducir o endebedamento financeiro por riba das previsións iniciais.

Este acordo porase en coñecemento das autoridades de competencia de Francia dando cumprimento así ás observacións requiridas ás partes para dar por concluída a operación.


Tamén en EROSKI.es

Eroski Sannia
Eroski NATUR
Supermercados e Hipercercados EROSKI