Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina



EROSKI e UNICEF, xuntos contra a desnutrición infantil

A campaña “Anímate e envolve de vida os teus agasallos” desenvólvese en máis de 70 centros de EROSKI

A totalidade dos fondos recadados irá destinada a combater a desnutrición infantil en África

EROSKI e UNICEF España levan sete anos colaborando a prol da infancia

2011-12-20

Madrid, 20 de decembro do 2011.- EROSKI e UNICEF España lanzan a campaña “Anímate e envolve de vida os teus agasallos” a prol da nutrición infantil en África mediante a venda de papel de regalo. O importe das vendas seralle bonificado na súa totalidade a Unicef. EROSKI únese así a UNICEF, que traballa para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio da ONU, especialmente o que propón reducir dous terzos a taxa de mortaldade infantil para o 2015. EROSKI doará a totalidade dos fondos que recade nos 74 hipermercados que pon á disposición desta causa ata o 5 de xaneiro.

Ademais, UNICEF España pon á disposición dos clientes de EROSKI un equipo de monitores para empaquetar os agasallos daquelas persoas que contribúan coa compra de papel de regalo e para informar sobre o destino da súa achega.

200 millóns de nenos sofren desnutrición crónica no mundo, causa relacionada con máis da metade das mortes de menores de cinco anos. Coa compra dunha unidade de papel de regalo, os clientes de EROSKI garanten alimentos terapéuticos para tres nenos durante un día para combater a desnutrición severa; coa adquisición de dúas unidades dáselles subministrado suplementos de micronutrientes a 160 nenos. Con tres unidades de papel de regalo, 480 nenos poderán obter vitaminas para previren a cegueira. O valor de catro unidades de papel de regalo equivale a sete paquetes de galletas enerxéticas fundamentais en situacións de emerxencia, e coa compra de cinco unidades, 58 familias disporán de auga potable durante un mes grazas á subministración de 1.600 pastillas potabilizadoras.

EROSKI converteuse nun dos maiores aliados de UNICEF España, cun compromiso constante a prol da infancia desde que comezaron a colaborar no 2004. O traballo levado a cabo por UNICEF nos países en desenvolvemento consiste en mellorar as condicións de vida dos nenos e en garantir os seus dereitos á supervivencia, ao desenvolvemento, á atención sanitaria, á educación de calidade e á protección fronte aos abusos e á violencia.

Veteranos en acción social

Esta campaña englóbase dentro das iniciativas de acción social de EROSKI, que abranguen tres eixes fundamentais: a información e formación do consumidor, a defensa do medio natural e mais a solidariedade.

Polo seu carácter de cooperativa, o 10% dos beneficios de EROSKI destínase, desde a súa creación en 1969, a accións de carácter social. Así, desde EROSKI promóvense iniciativas como a colaboración con Organizacións Non Gobernamentais (UNICEF, FEDER, Cruz Vermella, etc.) e a organización de campañas de recollida de alimentos (con FESBAL).

Sobre EROSKI

EROSKI completa unha rede superior aos 2.250 establecementos e está composta por hipermercados EROSKI, supermercados EROSKI/center, Caprabo e EROSKI/city, oficinas de EROSKI/viaxes, gasolineiras, tendas de deporte Forum Sport, perfumerías IF, tendas de ocio e cultura Abac e 22 plataformas. En Francia, EROSKI conta con 39 establecementos (entre hipermercados, supermercados e gasolineiras) e en Andorra, con 4 perfumerías IF.

Acerca de UNICEF

UNICEF traballa no terreo en máis de 150 países e territorios para tratar de garantirlles aos nenos e ás nenas o dereito a sobreviviren e a se desenvolveren desde a primeira infancia deica a adolescencia. UNICEF, que é o maior provedor de vacinas para os países en desenvolvemento, traballa para mellorar a saúde e a nutrición da infancia; o abastecemento de auga e saneamento de calidade; a educación básica de calidade para todos os nenos e nenas e a protección dos nenos e nenas contra a violencia, a explotación e o VIH/SIDA. UNICEF está financiado na súa totalidade polas contribucións voluntarias de individuos, empresas, fundacións e gobernos.


Tamén en EROSKI.es

Eroski Sannia
Eroski NATUR
Supermercados e Hipercercados EROSKI