Saltar o menú de navegación e ir ao contido
2012-02-02
Logroño, 2 de febreiro do 2012.- EROSKI reuniu a máis de 80 provedores rioxanos na Xornada "EROSKI e os provedores da Rioxa: unha colaboración de éxito", que se celebrou hoxe no Hotel AC La Rioja e que pretende ser un punto de encontro para o diálogo de EROSKI cos seus provedores rexionais, na súa aposta por potenciar as economías locais.
Iñigo Nagore, Conselleiro de Agricultura, Gandería e Medio Ambiente da Rioxa, clausurou o acto e salientou a relevancia da celebración deste encontro, dada a importante implantación de EROSKI na Rioxa. Durante a súa intervención manifestou que "unha das prioridades do Goberno rioxano é estar preto dos produtores, as marcas de calidade e as empresas agroalimentarias para lle seguir dando pulo a esa calidade diferenciada que o consumidor xa interiorizou e mais para facilitar en todo o posible a súa presenza nas canles de distribución".
Neste sentido, Nagore precisou que o obxectivo é lograr que cada vez máis produtores rioxanos accedan cos seus produtos a todos os mercados, e insistiu na oportunidade social, económica e ata en materia de sostibilidade que supón apostar polos provedores locais. Pero, ademais, engadiu que "é importante comprometerse de xeito serio e decidido para garantir uns prezos que fagan viable a actividade económica dos produtores, incentivando a produción de produtos de primeira calidade".

Iñigo Nagore, conselleiro de Agricultura, Gandería e Medio Ambiente da Rioxa, a carón de Gotzon Elizburu, Director de Alianzas Comerciais de EROSKI
Ademais, durante a Xornada, Gotzon Elizburu, Director de Alianzas Estratéxicas de EROSKI, explicou cal é a política comercial que segue EROSKI para potenciar ao máximo as economías locais. Segundo Elizburu "a estreita colaboración cos provedores é un dos eixes diferenciais do modelo de xestión de EROSKI, que busca o máximo desenvolvemento conxunto e pretende contribuír a aumentar a riqueza local das Comunidades Autónomas nas que está presente". Elizburu centrouse tamén na súa intervención na situación actual do sector do gran consumo e manifestou que "o consumidor demanda prezo, calidade, proximidade e innovación, polo que en EROSKI apostamos por unha estratexia de custas competitivas, así como de xeración de valor". Pola súa banda, José Fernando Pérez, Xerente de EROSKI Berceo, expuxo cal é a política de produto local na tenda de EROSKI e afirmou que "os nosos novos hipermercados responden ás demandas dos clientes e pretenden ofrecer un modelo diferente ao dos competidores, máis próximo, fornecido, amplo e eficiente".
Para rematar, Adolfo Nájera, Presidente de Froitas e Verduras Valle de Rincón, puxo de manifesto a relación comercial do provedor local con EROSKI. Segundo Nájera, "a promoción dos produtos locais é un esforzo que deben realizar en conxunto EROSKI e mais os seus provedores, para que o beneficiado sexa o consumidor final".
No 2011, EROSKI reforzou a súa estratexia de promoción de produtos da terra en todos os seus establecementos comerciais, con acordos de colaboración con 110 provedores. Na actualidade, os clientes da Rioxa poden adquirir máis de 1.500 produtos rexionais de grande aceptación. As compras totais supuxeron 80 millóns de euros no 2011.
Outra medida a prol dos provedores locais é que a cooperativa simplifica a facturación, xa que se reduce a unha o número de facturas a emitir, con conseguinte aforro de tempo na xestión, que pasa a ser máis eficiente e sinxela.
Ademais, facilítalles a loxística aos seus provedores locais, xa que poden entregar os seus produtos nas plataformas de EROSKI, evitando a subministración por zonas ou tendas. Esta medida contribúe a unha xestión máis rápida e económica da loxística e diminúe o número e distancia dos desprazamentos dos provedores.
EROSKI na Rioxa ten unha presenza de 35 establecementos entre hipermercados EROSKI e supermercados EROSKI/center, EROSKI/city, gasolineiras EROSKI, oficinas de EROSKI/viaxes, perfumerías IF, tendas de deportes Forum Sport e autoservizos Aliprox. En total, o equipo de EROSKI nesta comunidade intégrano máis de 500 persoas, maioritariamente propietarios.
EROSKI completa unha rede superior aos 2.200 establecementos e está composta por hipermercados EROSKI, supermercados EROSKI/center, Caprabo e EROSKI/city, oficinas de EROSKI/viaxes, gasolineiras, tendas de deporte Forum Sport, perfumerías IF, tendas de ocio e cultura Abac e 22 plataformas. En Andorra, conta con 4 perfumerías IF.
Dende hai 42 anos o 10% dos beneficios de EROSKI destínase a iniciativas de acción social. A través da Fundación EROSKI canalízanse boa parte deses beneficios, que se reverten na sociedade e que se derivan principalmente a tres tipos de necesidades da comunidade: a información e formación do consumidor, a defensa do medio natural e mais a solidariedade.