Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina



OS TITULARES DE ‘ACHEGAS EROSKI’ RECIBEN 29 MILLÓNS DE EUROS DE XUROS

Para o ano 2012 fíxase un tipo do 4,268% para a emisión do 2007 e do 4,768% para as anteriores

Os investidores particulares de Achegas EROSKI recibiron nos últimos cinco anos 173 millóns de euros en xuros

2012-01-30

Madrid, 30 de xaneiro do 2012.- Eroski Sociedad Cooperativa aboará o vindeiro día 31 de xaneiro, último día do seu exercicio económico 2011, un total de 29 millóns de euros aos titulares de Achegas Financeiras Subordinadas Eroski, correspondentes aos xuros xerados no exercicio 2011.

O pago dos xuros efectúase segundo o calendario previsto e axústase a un tipo do 4,115% para a emisión do ano 2007 e do 4,615% para as correspondentes aos anos 2002, 2003 e 2004. Os titulares da emisión 2007 recibirán 12,4 millóns de euros e 16,6 millóns os titulares das anteriores.

Para o ano 2012 os novos tipos de xuro quedaron fixados no 4,268% (1,768% + 2,500%) e no 4,768% (1,768% + 3,000%), respectivamente, o que supón un incremento de 0,153 puntos porcentuais sobre o tipo que se aboa no exercicio 2011. Adicionalmente, xa está comprometido que estes xuros se van aboar en metálico o 31 de xaneiro do 2013.

Puntualmente, cada 31 de xaneiro e desde o ano 2003, os titulares das Achegas recibiron o pagamento dos seus xuros, que, no último quinquenio, supuxeron un montante acumulado de 173 millóns de euros.

Sobre EROSKI

EROSKI completa una rede superior aos 2.200 establecementos e está composta por hipermercados EROSKI, supermercados EROSKI/center, Caprabo e EROSKI/city, oficinas de EROSKI/viaxes, gasolineiras, tendas de deporte Forum Sport, perfumerías IF, tendas de ocio e cultura Abac e 22 plataformas. En Andorra, conta con 4 perfumerías IF.

Desde hai 42 anos o 10% dos beneficios de EROSKI destínanse a iniciativas de acción social. A través da Fundación EROSKI canalízanse boa parte deses beneficios, que se reverten na sociedade e que se derivan principalmente a tres tipos de necesidades da comunidade: a información e formación do consumidor, a defensa do medio natural e mais a solidariedade.


Tamén en EROSKI.es

Eroski Sannia
Eroski NATUR
Supermercados e Hipercercados EROSKI