Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina



Os nosos principios

Desenvolvemento profesional

Fomentamos a igualdade de oportunidades e a formación integral e permanente das persoas. Cremos nun proxecto que xunta as potencialidades profesionais e o desenvolvemento persoal.

Participación

Unha das principais diferenzas entre unha cooperativa e outro tipo de empresa é a participación que lles permiten aos seus traballadores. En EROSKI articulamos esa participación nos principais eixes da empresa:

  • No capital: cando pasamos a ser socios de EROSKI achegamos un capital que nos dá dereito a participar na xestión e nos resultados.
  • Na xestión: os socios intervimos na planificación anual dos obxectivos propios e globais da empresa e na toma de decisións.
  • Nos resultados: o 40% dos beneficios repártense entre os socios.

Responsabilidade social

Facemos compatible a eficacia do negocio co Desenvolvemento Sostible, considerando as interaccións dos nosos produtos, servizos e/ou actividades con todas as partes interesadas, o que inclúe tanto o colectivo de persoas que forma parte como o contorno no que operamos.

Innovación

Cremos que a innovación en calquera ámbito da nosa actuación é necesaria para o progreso empresarial e para nos adaptarmos ás expectativas que a nosa actividade xera na sociedade e nos consumidores.

Valor consumidor

Integramos na xestión ordinaria a defensa da saúde e seguridade dos consumidores a través dunha oferta de produtos sans, seguros e saudables e mediante unha información transparente, útil e completa.


Tamén en EROSKI.es

Eroski Sannia
Eroski NATUR
Supermercados e Hipercercados EROSKI